Amtega
Xunta de Galicia
‹ ›
SEDE ELECTRONICA
Servizos Públicos Dixitais

L1. Servizos públicos dixitais

A cidadanía e as empresas galegas disporán de contidos e servizos dixitais avanzados públicos que respondan ás súas necesidades e expectativas reais para incrementar a súa calidade de vida.

Está a realizarse un gran esforzo para sentar as bases para un desenvolvemento xeneralizado da administración dixital, que en boa lóxica, deberá traducirse nunha explosión de servizos dixitais durante estes próximos anos.

A innovación que impulsa esta axenda dixital debe proxectarse sobre o noso sistema de gobernanza. As institucións dun país do século XXI deben incorporar á súa organización, aos seus mecanismos de información á cidadanía e de interlocución con ela, as vantaxes que ofrecen as novas tecnoloxías.

Está demostrado que un uso axeitado das TIC por parte das Administracións ten a capacidade de transformar as relacións que se establecen entre os gobernos e a cidadanía contribuíndo a devandita transformación ao desenvolvemento da sociedade e a unha mellora da calidade de vida.

A inclusión das TIC, para que se realice de forma axeitada, leva consigo aparellado un cambio no modelo de administración e na forma en que se prestan os servizos públicos.

Por todo iso dende a Xunta se puxo en marcha o plan eGoberno 2013, iniciativa baixo a que se desenvolven todos os plans de modernización e mellora dos servizos públicos a través das TIC.

Obxectivos

Coa posta en marcha desta liña estratéxica se perseguen alcanzar os seguintes obxectivos:

  • Incluir as TIC en todos os ámbitos dos servizos públicos. Ir da Administración electrónica ao concepto de eGoberno.
  • Adaptar o modelo de administración para as novas posibilidades de xestión a través das TIC.
  • Prestar os servizos públicos transmitindo seguridade e confianza, asumindo o reto da interoperabilidade.
  • Facilitar a vida á cidadanía mediante a mellora dos servizos prestados en ámbitos como: sanidade, educación, xustiza, benestar…
  • Mellorar a competitividade do tecido produtivo galego.
  • Garantir uns servizos públicos homoxéneos en todo o territorio mediante a colaboración entre as administracións públicas.

Enfoque e aspectos clave

O desenvolvemento do concepto de eGoberno incide en todos os ámbitos de actuación da administración. Os seguintes elementos identificáronse claves para a implantación da estratexia de modernización:

A liña supón o desenvolvemento da estratexia de eGoberno da Xunta de Galicia:

  • Desenvolvemento completo da administración electrónica, que implica cambios organizativos, normativos e tecnolóxicos.
  • Colaboración entre todas as AAPP de Galicia. Afrontar o reto da interoperabilidade e garantir a homoxeneidade na prestación pública.
  • Fomento da participación cidadá. Informar das políticas e colaborar coa cidadanía na súa execución, evaluación e deseño de futuras.
  • Posta en marcha de servizos públicos dixitais. Implantando criterios de eficiencia, incrementando o impacto do servicio público prestado e abrindo novos canles de atención.
  • Desenvolvemento de plans de modernización sectorial. Fortalecendo o marco tecnolóxico productivo, realizando sensibilización sobre o uso das TIC e mellorando a capacitación TIC. Todo isto, apoiándose nas organizacións representativas de cada sector.